Notas de Prensa - Concello de Ourense
Статистикаhttps://ourense.gal/gl/rss/salaprensa/
- Последний пост
- 13 авг.
- Последнее чтение
- 15 авг.
- Постов за неделю
- 12
- Всего постов
- 24
- Тип
- открытый
- Язык
- und
- В каталоге с
- 13 авг.
- 1/24сутки в ленте
- 49
- 1/48двое суток
- 56
- 1/72трое суток
- 60
Оценка по просмотрам недавних постов: пост набирает почти всё за первые сутки.
Посты
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense O Concello remite á Xunta a cumprimentación do informe previo á aprobación definitiva do Plan de Urbanismo (PXOM) O Concello de Ourense remitiulle á Xunta de Galicia no día de onte, 12 de agosto, a cumprimentación do informe previo á aprobación definitiva (IPAD) do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas o 13 de xuño de 2025, co obxectivo de avanzar na tramitación do PXOM. O documento remitido supón a culminación do proceso de contestación do IPAD, que indicaba os erros emendables e as correccións necesarias para poder acadar un informe favorable. Durante este proceso leváronse a cabo as oportunas xuntanzas de traballo coa Dirección Xeral de Urbanismo por parte do equipo redactor e do concelleiro delegado de Urbanismo, Francisco Lorenzo, acompañado dos técnicos municipais para analizar as modificacións que era necesario introducir no documento. A documentación definitiva foi presentada polo equipo redactor o pasado día 31 de xullo de 2026 e logo da súa validación polos técnicos municipais do Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística, foi aprobada pola concellería para a súa efectiva remisión e, unha vez debidamente dilixenciada, foi presentada no día de onte. Continúa así o proceso de aprobación deste esencial documento urbanístico cara á súa aprobación definitiva polo pleno municipal, previos os trámites legais que procedan.
без подписи
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense A Xunta de Goberno Local aprobou 7 acordos na súa sesión ordinaria desta semana A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 7 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu ao mediodía de hoxe no salón de plenos. Licenzas (4). Concedeu as licenzas de obra para a reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa do Entroido; para a reforma interior de vivendas, a mellora da envolvente térmica e a instalación dun ascensor nun edificio na Avenida de Bos Aires; para a reforma de tres vivendas noutro inmoble da Avenida de Bos Aires, e para a reforma dunha vivenda na Avenida da Habana. Aperturas (1). Concedeu a licenza de obra para a reforma e rehabilitación dun edificio para oficinas na Rúa do Progreso. Contratación (2). Acordou a prórroga por 1 ano do contrato da subministración de prendas de uniformidades e complementos para a Policía Local e a estimación parcial dunha reclamación formulada pola empresa responsable da limpeza dos centros educativos públicos de Infantil e Primaria.
без подписи
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense O Concello inicia as obras dunha nova área lúdica acuática de Barrocás cun investimento de máis dun millón de euros O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Obras Públicas, Francisco Lorenzo, asistiron esta mañá ao inicio das obras de construción dunha nova área lúdica no Parque de Angelita Paradela, no barrio de Barrocás. O proxecto ten un orzamento base de licitación de 1.094.324,00 euros e os traballos serán executados pola empresa Coviastec, S.L. “Comeza unha obra que vai mellorar a calidade de vida de Barrocás e de Ourense cidade, unha piscina para nenos pequenos, unha zona de chorros e unha piscina lúdica para maiores”, manifestou o alcalde. O rexedor destacou que se trata dunha actuación “nun magnífico parque, nunha urbanización que o pedía a berros”, e subliñou: “Hoxe é un gran día porque empezamos a obra xa e en 8 meses debería estar concluída”. Pérez Jácome tamén destacou que a actuación a realiza “unha empresa ourensá, Coviastec”, poñendo en valor que sexan empresas locais as que executan os proxectos na cidade. Piscina lúdica de 250 metros cadrados Pola súa banda, o concelleiro de Obras Públicas, Francisco Lorenzo, sinalou que esta é a “segunda piscina de barrio das que están previstas, despois da do Parque de Canedo, na Ponte”, que xa está en fase de construción. A seguinte, dixo, será a do barrio de Covadonga. O concelleiro detallou as características desta área lúdica “comporase dunha zona de chapoteo para nenos pequenos, unha zona de chorros e unha piscina lúdica en forma de praia, de aproximadamente uns 250 metros cadrados, onde se chega desde unha parte de lámina de auga superficial ata unha profundidade de 1,60 metros para o desfrute de todo o barrio”. Lorenzo concluíu lembrando que o obxectivo do goberno municipal é “tela lista en 8 meses para poder desfrutala o ano que vén no verán. Será unha gran mellora, unha infraestrutura que vai mellorar este barrio. Queremos que todos os grandes barrios de Ourense teñan este servizo e este aumento da calidade de vida”. Características técnicas e espazos O obxecto do proxecto é crear unha área lúdica acuática dentro dun parque urbano, unha zona de esparcemento, recreo e lecer. Ademiais das piscinas, contará con zona de control de acceso, asesos e vestiarios, vixilancia e primeiros auxilios, duchas exteriores e cuartos de instalacións soterrados, ademais dunha ampla praia para a piscina, áreas de intercambio para “pés limpos e sucios” e unha zona axardinada. Con estas premisas deséñase un espazo aberto e de baixo impacto visual. Instalacións e cuberta vexetal O edificio será un prisma de formigón visto no exterior e parcialmente no interior, dividido en dous volumes unidos a través da cuberta: un para vestiarios e outro para a área de traballo do vixilante e parte das instalacións da piscina. A cuberta será vexetal, integrándoa e reducindo o impacto da actuación na contorna. Actuación necesaria No peche do acto, o alcalde subliñou a necesidade desta actuación para o barrio: “É incrible que os nosos predecesores non pensaran en facer esta piscina antes. Temos que ser nós os que corrixamos ese erro e demos a calidade de vida que é necesaria”. Ao acto tamén asistiron os concelleiros Armando Ojea, Aníbal Pereira e Tamara Silva, técnicos municipais e responsables da empresa Coviastec. Foto * Inicio das obras da área lúdica de Barrocás
без подписи
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense A Xunta de Goberno Local tratará 7 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense reunirase mañá, xoves, 13 de agosto, ás 13.30 horas no salón de plenos para desenvolver a súa sesión ordinaria desta semana. A orde do día inclúe 7 propostas de acordo, presentadas polos servizos municipais de Licenzas (4), Aperturas (1) e Contratación (2). Licenzas (4). Solicitudes de licenzas de obras para a reforma dunha vivenda unifamiliar na rúa do Entroido; para a reforma interior de vivendas, mellora da envolvente térmica e instalación de ascensor nun edificio na Avenida de Bos Aires; para a reforma de tres vivendas noutro inmoble da Avenida de Bos Aires, e para a reforma dunha vivenda na Avenida da Habana. Aperturas (1). Solicitude de licenza de obra para a reforma e rehabilitación dun edificio para oficinas na Rúa do Progreso. Contratación (2). Prórroga por 1 ano do contrato da subministración de prendas de uniformidades e complementos para a Policía Local e estimación parcial dunha reclamación formulada pola empresa respoonsbale da limpeza dos centros educativos públicos de Infantil e Primaria.
без подписи
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense O Concello presentará alegacións ao proxecto de nova vía de acceso desde a N-525 ao Complexo Hospitalario O Concello de Ourense presentará alegacións ao proxecto de trazado da nova vía de acceso ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) dende a N-525, que impulsa a Xunta de Galicia. O Concello entende que o proxecto non responde ás necesidades da cidade, non atende as demandas municipais e non é compatible co trazado previsto no Plan de Urbanismo en tramitación, nin co acordo do Pleno do Concello de xaneiro de 2025. “Pasan por riba das nosas demandas, pasan por riba do PXOM e iso repercute en solos urbanizables que quedan descolgados. Executan unha vía de acceso ao CHUO que nin sequera chega ao CHUO, xa que remata na Avenida do Regato. Desbotan executar o bulevar de 35 metros que é necesario e realizan apenas unha estrada que cruza a cidade, sen aparcamentos”, explican desde o goberno municipal. Lembran que o Concello xa lle trasladou á Xunta de Galicia estas consideracións en relación ao trazado, ás características da vía e ao seu encaixe no planeamento urbanístico. Por unha banda, o Pleno do Concello de Ourense tomou o acordo o 10 de xaneiro de 2025 de instar a Xunta de Galicia á execución total da vía de conexión entre a N-525 e o barrio de Barrocás que figura no PXOM actualmente en trámite, cuxo obxectivo é a mellora dos accesos ao CHUO e a desconxestión do tráfico nas rúas Marcelo Macías e Ramón Puga. Tamén se lle trasladaron os informes dos servizos de Planeamento e Infraestruturas que advertían de graves carencias no proxecto da Xunta. A este respecto, indicaba o informe de Planeamento que a vía proxectada “non é compatible co que figura no planeamento en tramitación (PXOM 2019), que se corresponde co trazado no anulado PXOM 2003 e na anulada Ordenación Urbanística Provisional (2011). Por iso, implicará custos adicionais en todos os futuros desenvolvementos urbanísticos dos sectores urbanizables e de solo urbano non consolidado xa xestionado polos que discorre, sen respectar a urbanización executada conforme ao planeamento vixente nin no planeamento urbanístico en trámite”. O Concello trasladará de novo as súas demandas á Xunta a través dunha alegación que presentará durante o período de información pública do trazado, que comezará mañá. Imaxe Na imaxe pódense apreciar as diferenzas entre o proxecto da Xunta (trazado cunha liña azul) e o demandado polo Concello (en cor amarela). * Trazado da vía
без подписи
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense O alcalde destaca a traxectoria do campamento urbano de Amencer: “unha marabilla” que supera os 1.000 participantes O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Educación, Tamara Silva, saudaron esta mañá nas escaleiras de Santa María NaI a rapazada que participa no Campamento Urbano, que organiza a Asociación Xuvenil Amencer coa colaboración do Concello de Ourense. Unha iniciativa tradicional de lecer que chega á súa edición número 39 e que este ano marca un récord desde a pandemia con máis de 1.000 participantes (entre campamento infantil, xuvenil e monitores), ofertando actividades gratuítas desde o 3 ao 13 de agosto. Pérez Jácome puxo en valor o «tremendo labor» de Amencer e dos Salesianos tras décadas de traxectoria na cidade, lembrando que xa coñece «varias xeracións» de participantes nesta cita. “Para os que pasamos o verán en Ourense é unha marabilla contar con este campamento”, asegurou o rexedor, quen aproveitou para convidar a mocidade a gozar da eclipse solar de mañá «coas medidas de protección adecuadas», e a participar nas vindeiras citas do calendario festivo local, como o Halloween, o Nadal ou o Entroido. Pola súa banda, a concelleira de Educación, Tamara Silva, subliñou que o campamento «crece cada ano en número de participantes» e advertiu que moitos dos asistentes repiten e acaban converténdose en monitores co paso do tempo. «Estamos encantados de colaborar desde o Concello de Ourense con Amencer, convidovos a gozar da cidade, tamén durante o verán», sinalou. A cita desta mañá enmárcase na celebración do Día da Boa Xente, unha xornada deseñada para que a rapazada comparta experiencias cos servizos públicos e coñeza de preto o traballo que desenvolven no municipio. A Praza Maior acolleu unha mostra de medios humanos e vehículos na que estiveron presentes a Policía Local, Policía Autonómica, Policía Nacional, Garda Civil, Bombeiros, Protección Civil, Cruz Vermella, 061, os servizos municipais de limpeza e autobuses urbanos, e Medio Rural da Xunta de Galicia. Esta xornada súmase a un amplo abano de propostas temáticas que arrancaron o pasado 3 de agosto, entre as que destacan o Día da Benvida, Cultura Urbana, Deportes, Xuntanza na Praia, Entroido por Barrios ou o Día da Provincia. Foto * Campamento urbano 2026
без подписи
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense O Concello inicia as obras de humanización integral do núcleo da Lonia cun proxecto de máis de 850.000 euros O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acompañado polo concelleiro de Obras Públicas, Francisco Lorenzo, asistiu esta mañá ao inicio das obras de mellora, acondicionamento e humanización do núcleo da Lonia. Cun orzamento de licitación de 852.821,00 euros, os traballos inclúen a renovación integral das infraestruturas básicas (saneamento, abastecemento, baixa tensión, alumbrado público e telefonía) e a humanización e pavimentación adaptada ás características de cada zona. “Iniciamos unha gran obra no rural de Ourense, na Lonia”, manifestou esta mañá o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, quen destacou a importancia deste investimento, de arredor de 850.000 euros, “nunha obra que a veciñanza leva moitísimo tempo agardando”. O rexedor tamén subliñou o feito de que os traballos sexan executados “unha vez máis por unha empresa ourensá, neste caso Coviastec, co cal é dobre alegría que sexan provedores ourensáns”. Renovación de servizos e prioridade peonil Con estas actuacións preténdese revitalizar a zona, mellorar os ámbitos propios do núcleo e crear espazos de reunión veciñal onde antes se priorizaban o tránsito e o aparcamento de vehículos, dando así un maior protagonismo ao peón e resolvendo a falla de unidade de actuacións antigas do pasado. Unha nova batería de obras na cidade Pola súa banda, o concelleiro de Obras Públicas, Francisco Lorenzo, avanzou que “empezamos o que en breve será unha nova batería de obras na cidade de Ourense. Esta é a primeira delas, que é a humanización integral do núcleo da Lonia”. O concelleiro explicou que a intervención “afecta a todas as redes de servizos, tanto abastecemento (onde se cambia o fibrocemento por fundición dúctil), o saneamento (que tamén se renova), as redes de telecomunicacións (soterrando liñas de telefonía) e a mellora do alumbrado público”. En canto aos pavimentos, Lorenzo detallou que a intención é “darlle unha certa estética ao núcleo rural mantendo unha plataforma única, xa que son rúas moi estreitas nas que ten que compatibilizarse tanto o tránsito peonil como o tráfico rodado”. “Creo que é unha obra moi demandada pola veciñanza, levabamos tempo querendo adxudicala e creo que hoxe empezamos e será unha realidade en breve”, concluíu. Financiamento e prazo As obras serán executadas pola empresa ourensá Coviastec, S.L. e serán financiadas polo Concello de Ourense con máis de 800.000 euros, cunha achega de 4.500 euros por parte da Deputación Provincial de Ourense, no marco do Programa especial de cooperación ás obras promovidas polo Concello de Ourense (2025-2026). O prazo de execución previsto é de 6 meses. Ao acto de inicio dos traballos tamén asistiron os concelleiros José Ignacio González e Armando Ojea, xunto con técnicos do Concello de Ourense e representantes da empresa adxudicataria, Coviastec, S.L.
без подписи
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense O Concello facilitará desde o luns na Oficina de Turismo as lentes e entradas ás persoas inscritas para ver a eclipse desde Montealegre O Concello de Ourense facilitará desde o vindeiro luns, 10 de agosto, as entradas e as lentes homologadas ás persoas inscritas para observar a eclipse solar do vindeiro mércores, 12, a partir das 19.30 horas no Parque de Montealegre. Esta iniciativa conta coa colaboración da Asociación Astronómica de Ourense. As persoas que teñen a reserva confirmada poderán retirar a súa entrada e as lentes de protección homologadas na Oficina de Turismo do Concello, na Praza de San Martiño, desde o vindeiro luns, 10, ata o mércores, 12, de 9.00 a 14.00 horas. Deberán indicar o código de inscrición que lles foi enviado desde a organización por correo electrónico. Tamén poderán retiralas o propio día da eclipse, pola tarde, xunto ao aparcamento do Auditorio ou na entrada do propio Parque de Montealegre. Dispositivo de mobilidade e accesos Para facilitar o desprazamento, o Concello recomenda o uso do transporte público e activa estas medidas: * Autobús lanzadeira gratuíto: Con saída na rúa da Canle, 4 (Auditorio), de 18.00 a 20.00 horas (subida) e de 21.00 a 22.00 horas (regreso). * Aparcamento gratuíto no Auditorio: Dispoñible ata o seu peche ás 23.00 horas. * Sentido único: De 18.00 a 23.00 horas establecerase sentido único de circulación desde a Fonte dos Caños ata o cruce do Camiño Rapaces con Montealegre. Normas de seguridade * Protección ocular: É obrigatorio utilizar lentes homologadas durante as fases parciais do fenómeno. * Acceso de menores: A idade mínima de entrada é 6 anos. Ademais, deberán ir sempre acompañados por unha persoa adulta. * Mobilidade: Evitar camiñar mirando ao ceo, respectar a sinalización de zonas restrinxidas, respectar as indicacións da organización e coidar a contorna natural do Parque Botánico.
без подписи
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense A Mesa de Contratación analizará catro posibles causas de exclusión das ofertas ao contrato do servizo de autobuses urbanos O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia emitiu a resolución número 181/2026, pola que anula a adxudicación do contrato do servizo de transporte público colectivo urbano de Ourense á UTE Sagalés-Gavilanes. A resolución estima parcialmente os recursos presentados por tres licitadoras que optaban á adxudicación e ordena retrotraer o expediente co obxecto de que a Mesa de Contratación do Concello analice en profundidade a posible concorrencia de catro causas de exclusión. O Tribunal non conclúe que exista causa de exclusión nin se ordena excluír ningunha empresa, senón que se ordena á mesa avaliar catro puntos concretos, que son os seguintes: • Cumprimento dos requisitos das naves ofertadas: analizar se as naves ofertadas pola adxudicataria e pola segunda e a terceira licitadora cumpren cos requisitos establecidos no prego de condicións do concurso. • Solvencia técnica: analizar a validez da documentación acreditativa da solvencia técnica presentada pola adxudicataria. • Declaración responsable: analizar unha inexactitude na declaración responsable presentada pola adxudicataria. • Estudos económicos: avaliar a corrección dos estudos económicos presentados polas tres primeiras empresas clasificadas. Cómpre subliñar que tres destas catro posibles causas de exclusión formuláronse por primeira vez a través dos recursos presentados polas empresas ante o TACGal, xa que non foron postas de manifesto durante a tramitación do expediente administrativo (todas agás a relativa aos estudos económicos). Á vista desta resolución, a Mesa de Contratación volverá reunirse para analizar, previa solicitude das aclaracións ou informes necesarios, se concorren ou non as causas de exclusión alegadas nos recursos. Por outra banda, cabe destacar que o Tribunal desestima de forma íntegra a alegación dun dos recursos na que se solicitaba a anulación da licitación como consecuencia dos cambios nas liñas do servizo introducidos nos últimos meses, desbotando esta pretensión.
без подписи
RSS Notas de Prensa - Concello de Ourense A Xunta de Goberno Local aprobou 25 acordos na súa sesión ordinaria desta semana A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 25 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar ao mediodía de hoxe no salón de plenos. A orde do día incluía o visto e prace a 25 propostas presentadas polos servizos municipais de Licenzas (5), Aperturas (1), Disciplina (1), Contratación (3), Recursos Humanos (11), Xestión económica e orzamentaria (2) e Alcaldía (2). Licenzas. Concedeu as licenzas de obras para os proxectos de: · construción dun edificio para vivendas na Avenida de Zamora · rehabilitación dun edificio de vivendas na rúa do Progreso · reforma da cuberta dunha edificación na rúa Leiras Pulpeiro · reforma da cuberta e os patios interiores dun inmoble na rúa do Paseo · adaptación a vivenda do baixo dun edificio da rúa Antonio Puga. Aperturas. Outorgou a licenza de obra para o proxecto de construción dun muro de contención e unha soleira de formigón (Fase 1) no Centro de procesado avícola de Coren en Santa Cruz de Arrabaldo. Disciplina. Desestimou o recurso interposto por unha mercantil contra a liquidación definitiva dos gastos que implicaron as actuacións de urxencia realizadas tralo desprendemento do muro dun edificio (situado entre o inmoble número 7 da rúa Fonte do Monte e o Colexio Cardenal Cisneros), por un importe de 181.839,68 euros. Unha cantidade que o Concello lle requiriu á dita mercantil como responsable do dano ocasionado. Contratación. Elevará dúas propostas de resolución ao Consello Consultivo de Galicia, en cumprimento do establecido na Lei de Contratos do Sector Público (LCSP): · Acordar a resolución dos contratos de execución dos proxectos de humanización da Avenida de Portugal (tramos 1 e 2); declarar expresamente que a causa de resolución do contrato implica a culpabilidade da empresa adxudicataria e, en consecuencia, incautar as garantías prestadas. Tamén acordou corrixir un erro nun acordo dunha sesión anterior. Persoal e recursos humanos. Inadmitiu once recursos administrativos interpostos contra o acordo de aprobación da Oferta de Emprego Público de promoción interna correspondente ao exercicio 2026 para diversas prazas de Oficial e Inspector da Policía Local Alcaldía. Aprobou tres facturas do servizo de limpeza dos centros de educación infantil e primaria dependentes do Concello, correspondentes ao mes de decembro de 2025. Tamén acordou determinar o gasto comprometido da anualidade 2026 para a atención dos servizos postais e telegráficos, por importe de 407.243,60 euros, ao abeiro do contrato centralizado da Federación Galega de Municipios e Provincias. Xestión económica e orzamentaria. Aprobou dúas relacións de facturas, correspondentes a gastos realizados en exercicios anteriores, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación nos devanditos exercicios.
без подписи