tgindex
CIG-Autonómica

CIG-Autonómica

Статистика
@cigautonomicaпортугальский

🌐 Todo en https://autonomica.cigadmon.gal 📢 Contactar e recibir información por correo escribe a xunta@cigadmon.gal 📢 Canle Telegram https://t.me/cigautonomica - @CIGAutonomica 📢 Canle WhatsApp https://i.gal/wasapcigaut

Последний пост
6 авг.
Последнее чтение
13 авг.
Постов за неделю
0
Всего постов
20
Тип
открытый
Язык
португальский
В каталоге с
13 авг.
Подписчики
667
+1 за 1 дн.
Сутки
0
0,00%
Неделя
 
Месяц
 
Просмотров на пост
429
20 постов
Вовлечённость
64,3%
к подписчикам
Постов в день
0,0
всего 20
Упоминаний
0
каналов
Охват размещения
оценка
1/24сутки в ленте
263
1/48двое суток
301
1/72трое суток
325

Оценка по просмотрам недавних постов: пост набирает почти всё за первые сутки.

Посты

  • Xuntanza informativa sobre as eleccións de destino (05/08/26) https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8884 Nesta xuntanza comunicáronsenos as datas relevantes de resolucións de adxudicacións de destino, cesamentos, incorporacións, tomas de posesión e outras informacións sobre escolas infantís (A2 e C1), persoal auxiliar coidador, escalas sociosanitarias, e outros asuntos (comisións de servizo, conciliación, adaptacións de postos, prestacións por embarazo e COMEs).

  • Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8878 O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico xuño/decembro», unha regularización que a Administración atribúe a incidencias na confección das nóminas derivadas da aplicación da cotización adicional para a xubilación co coeficiente redutor.

  • Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26) https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8879 Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de infantil e persoal auxiliar coidador se mantén no 1 de setembro. Aclaramos se haberá cesamentos de persoal interino e confírmannos a elección de destino de animación sociocultural en setembro. Ademais, denunciamos o mal funcionamento do aplicativo de elección de destinos, e preguntamos polas solicitudes de carreira que aínda seguen «en trámite» e pola situación das embarazadas en risco biolóxico na toma de posesión.

  • Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade! https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8875 No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas. A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal resolveu en contra da solicitude con base nas «limitacións do dereito de acceso á información pública», aludindo ao artigo 25.1 da Lei de transparencia e bo goberno. Tamén á necesidade da Administración de «reelaboración previa» da información que se solicita.

  • Modificación da RPT de Medio Ambiente e Cambio Climático (29/07/2026) https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8874 Nesta xuntanza por parte da CIG solicitamos que o persoal que actualmente non fai quendas poida manter a súa situación até que a praza quede vacante; insistimos na urxencia de abrir a negociación integral das condicións de traballo da escala de Recursos Naturais e Forestais; e reiteramos a nosa solicitude de abril para abrir unha negociación global sobre quendas, domingos e festivos, roupa de traballo, formación, descansos e desigualdades retributivas. Opoñémonos á esixencia da titulación de Dereito para a xefatura de sección xurídica, e demandamos que antes de crear ou modificar postos se nos informe das cargas de traballo, se faciliten aclaracións e se corrixan erros, ademais de homoxeneizar os servizos de persoal das catro provincias.

  • Plantón sindical na Mesa Xeral pola non negociación dun acordo para o Persoal Non Docente https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8863 A Consellería da Imposición e falta de Educación, segue a mofarse do Persoal da Administración e Servizos dos centros educativos, e levan á Mesa Xeral de negociación a modificación da relación de postos de traballo (RPT), sin propoñer nin dar datas de cara á negociación dun Acordo Marco de condicións de traballo para o persoal non docente dos centros, motivo polo que xa na anterior reunións os deixamos sentados e coa palabra na boca. Novamente quedan plantados na mesa, e non vamos a tratar outros asunto coa Consellería de Educación mentres non haxa unha negociación dun Acordo para o persoal de administración e servizos. 📢Finalmente, na CP 31/07/26, e despois de negarnos a votar a modificación da RPT de Educación, a consellería fixou a data do 21 de outubro para comezar as negociacións dun futuro acordo de condicións de traballo do PND)📢

  • Asistencia a sinatura electrónica. Procesos selectivos agronómica, agrícola, obras públicas, informática e arquivos (CP 23/07/26) https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8862 Na Comisión de Persoal (CP) do 23 de xullo constátase unha vez máis o desprezo negociador da Dirección Xeral de Emprego Público (DXEP) que usa ás organizacións sindicais, representantes lexítimos do persoal da Xunta de Galiza, como meros correctores da documentación ao non terse en conta ningunha das alegación presentadas, sendo finalmente aprobadas con pequenos cambios por maquillaxe e/ou erros das versións iniciais remitidas. A DXEP tamén trouxo o proxecto de decreto polo que se regula o Rexistro do Persoal Funcionario Público Habilitado e a asistencia para a identificación e a sinatura electrónicas no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e as entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

  • Cadro de persoal de investigación de carácter laboral da comunidade autónoma; elección de destino de Gain (MX 23/07/26) https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8860 A creación do cadro de persoal de investigación laboral nos organismos de investigación veu á Mesa sen negociación previa coa representación das traballadoras e traballadores de cada entidade, deixando fóra 32 organismos dos 50 recoñecidos oficialmente, excluíndo ao persoal de xestión da innovación e omitindo as funcións efectivas dos postos, ademais dunha clasificación heteroxénea variábel segundo os criterios propios de cada entidade. Na «elección de destino» de Gain a Axencia di que cadaquén quedará onde estaba e que a toma de posesión será o 1 de setembro.

  • No web de CIG-Autonómica https://autonomica.cigadmon.gal 👉Oposicións especialidade de procesos de cultivo acuícola 👉Nomeamento tribunal acceso libre ao corpo auxiliar-C2 👉Modificación do tribunal do proceso selectivo de acceso libre ao corpo administrativo-C1 👉Segundo exercicio acceso libre e promoción interna á especialidade de psicoloxía-A1 👉Promoción interna ao corpo auxiliar da Administración xeral-C2 👉Acceso libre e promoción interna á escala de auxiliar de coidadores-C2 👉Promoción interna ao corpo de xestión-A2 👉Oposicións subgrupo C2: listaxes provisionais de persoas admitidas 👉Oposicións escala técnica de estatística: ampliación do prazo de realización do segundo exercicio 👉Relación definitiva de admitidas ao concurso de traslados de inspección turística e vixilancia de estradas 👉Relación definitiva de admitidas ao concurso de traslados de inspección e subinspección urbanística 👉Convocatorias de oposicións: enxeñaría agronómica, tecnoloxía información, enxeñaría técnica agrícola e obras públicas 👉Apertura do prazo posesorio do concurso de traslados de arqueoloxía, restauración, delineación, arquivos e bibliotecas 👉Oposicións máquinas e instalacións mariñas e psicoloxía: resultados de exercicios 👉EGAP: convocatoria do Curso superior de administración electrónica 👉Oposicións bioloxía pesqueira e inglés marítimo: resultados do segundo exercicio 👉Nomeamento como persoal funcionario dos subgrupos A1, A2, C1, C2, persoal subalterno e apertura do prazo posesorio 👉Apertura do prazo posesorio do concurso de traslados da Administración xeral 👉Axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral por redución da xornada de traballo

  • Zasca do Tribunal Supremo! á carreira profesional (ST 636/2026) https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8853 O Tribunal Supremo ven de darnos a razón sen paliativos no recurso de casación e desmonta o castelo de naipes de Xunta, CCOO e UGT. A sentenza é firme. 📌 A funcionarización forzosa: compromiso ou chantaxe? ✌️Se non quixeches pasar polo aro da funcionarización obrigatoria, a carreira e o complemento é teu. ✌️Se te funcionarizaches máis tarde e a Xunta che descontou algúns períodos deica a funcionarización, a reclamar os atrasos. 📌 O “milagre” do 31 de decembro de 2021 O acordo tamén tiña unha cláusula digna de Cuarto Milenio, para entrar no reparto do pastel, tiñas que estar en servizo activo xusto o 31/12/2021. Se eras persoal interino e o teu contrato remataba o 30 de decembro, para entrar na repartición do pastel tiñas que estar en servizo activo xusto o 31/12/2021. Se eras interino/a e o teu contrato remataba o 30 de decembro, para volver a empezar o de de xaneiro...¡ mala sorte! O “ Espíritu do Nadal non pasou pola túa nómina”, sexa como for, tamén tiñamos razón aquí!. Todo o persoal temporal que tivese altas despois de decembro de 2021 ten dereito a reclamar o complemento e os atrasos. 📢 Agora toca organizar as reclamacións e esixir que paguen ata o último céntimo do que nos pertence.

  • Altas temperaturas no SPIF https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8845 Coas vagas de calor que estamos sufrindo, o persoal do SPIF está sometido a un estrés térmico engadido ao propio estrés térmico da súa actividade. É preciso establecer medidas preventivas nas vagas de calor para evitar os riscos asociados a altas temperaturas e radiación solar elevada. Durante as quendas de traballo, o persoal do SPIF pode permanecer durante longos períodos fóra da base, en desprazamentos, labores de vixilancia e prevención, intervencións ou dispoñibilidade operativa. A CIG solicita á Consellería do Medio Rural medidas preventivas para garantir a seguridade e a saúde do persoal que permanece longos períodos fóra da base durante episodios de calor.

  • Esiximos novas avaliacións de riscos para gardas e axentes ambientais https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8844 Nestes días estamos a solicitar á Xunta a elaboración de novas avaliacións de riscos laborais adaptadas á Lei 4/2024, básica de axentes forestais e medioambientais, e ás novas directrices do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, publicadas neste mes de xuño. As solicitudes diríxense aos distintos departamentos nos que existen postos destas escalas.

  • Convocatoria para elección de destino definitivo de educación infantil e auxiliar coidadores https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8843 Convocada a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso nas especialidades de educador/a infantil-A2, educación infantil-C1, e na escala auxiliar de coidadores-C2.

  • No web de CIG-Autonómica https://autonomica.cigadmon.gal 👉Modificación da composición do tribunal das oposicións do subgrupo A2 👉Corrección de erros no nomeamento do tribunal das oposicións do subgrupo A1 👉Axencia Galega de Innovación: convocatoria para elección de destino definitivo do proceso de estabilización 👉Promoción interna auxiliares de clínica: modificación da listaxe definitiva de admitidas 👉Oposicións escala técnica de estatística: resultados do primeiro exercicio 👉Oposicións máquinas e produción: puntuacións do segundo exercicio 👉Promoción interna aos subgrupos A1 e A2: ampliación do prazo de realización do segundo exercicio 👉Oposicións auxiliar de coidadores: resolución de reclamacións ás puntuacións do primeiro e segundo exercicios 👉Modificación da RPT da Axencia de Turismo de Galiza 👉Modificacións das composicións dos tribunais de diversos concursos de estabilización da Lei 20/2021 👉Nomeamento como persoal funcionario de carreira do proceso de estabilización da escala superior de estatística 👉Promoción interna xestión de sistemas de informática: baremación provisional da fase de concurso 👉Resolución do concurso de traslados de educación infantil e auxiliar de coidadores

  • 17 июл.1 1516

    Datas dos concursos de traslados e procesos selectivos (MSF 16/07/26) https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8837 A directora xeral de Emprego Público deu información actualizada das previsións das datas de toma de posesión dalgúns concursos de traslados e procesos selectivos. Indica que debido ás incidencias técnicas das últimas semanas, tiveron que ampliar os prazos (como foi en corpos xerais ou escalas sociosanitarias) para a elección de destinos polo que actualizan as previsións de datas. Deu información de: 📌corpos xerais 📌escalas sociosanitarias 📌educ.infantil e aux.coidador 📌laboratorio-condución-cociña-mantemento-RRNN-limpeza-subalternos 📌persoal veterinario 📌PSX e xeros.

  • Oposicións a enx.agronómica, agrícola, obras públicas, informática e arquivos (MSF 16/07/26) https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8838 Na Mesa Sectorial tratáronse as convocatorias de diversos procesos selectivos: enxeñaría agronómica e informática (A1), e enxeñaría técnica agrícola, obras públicas e arquivos (A2). Viña tamén o proceso selectivo de persoal veterinario, pero non enviaron a documentación polo que foi retirado da orde do día (probablemente quede para a semana que ven). Os cinco procesos selectivos, que foron enviados ao sindicato con pouca antelación á Mesa, teñen en común que a súa forma de acceso é a oposición, teñen exames tipo test e tipo temas (cun peso deste exercicio igual á suma dos demais: 36-14-50 puntos), promoción interna do 25% conxunta con acceso libre, e a parte específica do programa entra en todos os exercicios.

  • No web de CIG-Autonómica https://autonomica.cigadmon.gal 👉Sociedade Pública de Investimentos de Galiza: relación definitiva de admitidas a procesos selectivos 👉Oposicións subgrupos A1, A2 e C1: nomeamentos dos tribunais 👉Oposicións pesca marítima, navegación marítima e orientación laboral: resultados do segundo exercicio 👉Instituto Enerxético de Galiza: nomeamento como persoal laboral fixo

  • Concurso Específico de persoal técnico de Medio Rural: a crónica dun concurso á carta https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8832 O martes 14 de xullo, discutimos con Medio Rural a súa proposta de Concurso Específico para os postos de xefaturas de distrito forestal. Constatouse unha máxima da moi rica e variada gastronomía galega: igual que temos caldo de repolo, de nabizas ou de grelos coas miles de variantes comarcais e incluso familiares, a Xunta pretende emulala nos concursos específicos. Teremos mandos intermedios máis dóciles, menos independentes, que poden ser cesados do posto.

  • Xuntanza con Medio Rural: coeficientes reductores e concurso específico para o persoal técnico https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8831 A Consellaría fai súa a proposta que o grupo parlamentar do PP vai levar ao Parlamento galego no que pretende iniciar este procedemento de coeficientes redutores instando ao goberno da Xunta de Galiza para que tramite ante o INSS (dependente da Administración do Estado e único organismo do que dependen os coeficiente redutores) ao abeiro do RD 402/2025 no que a iniciación do procedemento é conxunta entre as organización sindicais máis representativas e a Administración contratante, neste caso a Xunta de Galiza.

  • Actos de elección de destino (CP 10/07/26) https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/8820 Nesta xuntanza do 10 de xullo da Comisión de Persoal tratamos a situación caótica dos actos de elección de destino. O propósito da CIG é trasladarmos información completa e transparente e que se negocie, algo que botamos en falla. A modificación da resolución da elección de destino das escalas sociosanitarias (DOG do 13 de xullo) incluirá a eliminación de persoas falecidas e xubiladas e a adición de máis postos para códigos de dobre titulación e para persoal pedagogo. É posible que o luns 13 de xullo saia a elección de destino de infantil e persoal coidador.