Comisións Obreiras
СтатистикаO máis destacado da actualidade do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia. + info: http://www.ccoo.gal
- Последний пост
- 14 авг.
- Последнее чтение
- 15 авг.
- Постов за неделю
- 8
- Всего постов
- 26
- Тип
- открытый
- Язык
- португальский
- В каталоге с
- 13 авг.
- 1/24сутки в ленте
- 48
- 1/48двое суток
- 55
- 1/72трое суток
- 59
Оценка по просмотрам недавних постов: пост набирает почти всё за первые сутки.
Посты
❓🤔 Por que lle chaman «benestar laboral» cando queren dicir «recortar as baixas?» 👉 Di hoxe a patronal galega que o seu acordo con Xunta e UGT sobre as baixas médicas «trascende as medidas concretas que contempla». O certo é que pasan os días e contemplar contemplamos pouco: inda non coñecemos ningunha desas propostas, máis aló de xeneralidades e frases que cheiran a eufemismos. ➕ Tamén di que ese acordo —ou preacordo, inda non quedou claro— recolle as «lexítimas demandas dos traballadores». Descoñecemos como é iso posible cando a representación sindical maioritaria de Galicia non participou desa mesa de diálogo. E no caso de CCOO, non por falta de vontade, senón porque desde o principio vimos como ía rematar un proceso viciado de antemán por meses de criminalización por terra, mar e aire da clase traballadora.
без подписи
без подписи
без подписи
🌘🤥 Pasou a asombrosa eclipse de onte, pero o que permanecen son os non menos sorprendentes bulos da patronal da alimentación da provincia da Coruña sobre as súas ofertas: ❌ Nin garantía de poder adquisitivo ❌ Nin antigüidade ❌ Ni melloras en descansos. 🚫 NADA, CERO, REN. E por iso este sábado*, domingo e luns, volvemos paralizar o sector. Se traballas en Gadis, Froiz ou Spar, segue a folga; se es usuario, non merques alí. A loita e a solidariedade son o camiño! *Xornada na que tamén haberá folga en todo o sector do comercio a nivel galego.
📢 ACORDO EN HOSTALARÍA DA PROVINCIA DA CORUÑA A presión exercida polas traballadoras e traballadores do sector e a firmeza das organizacións sindicais na negociación permitiron alcanzar un acordo que mellora as condicións laborais na hostalaría da provincia da Coruña. ✅ Pago único de 500 € en 2025 (proporcional á xornada) ✅ Incremento salarial do 3 % en 2026 ✅ Incremento salarial do 3,5 % en 2027 ✅ Incremento salarial do 3 % en 2028 ✅ Revisión salarial ligada ao IPC sen tope ✅ Mantemento do complemento de IT ✅ Retomaranse as negociacións do convenio o 17 de setembro 📅 En outubro cobrarase o pago único de 2025 e aplicarase o incremento salarial pactado. 📅 En decembro aboaranse os atrasos correspondentes a 2026. ✊ Desconvócase a folga prevista para o 12 de agosto tras alcanzarse un acordo que permite recuperar poder adquisitivo e avanzar na mellora das condicións laborais do sector. Grazas a todas as persoas traballadoras que apoiaron este proceso e fixeron posible este resultado.
📢 De El Corte Inglés a Vialia, case medio milleiro de persoas percorren o centro de Vigo para denunciar o «ataque frontal» que as multinacionais están a levar a cabo contra o descanso dominical. Queremos tempo para vivir, para descansar, para conciliar. 🚨Denunciamos unha vez máis que a Xunta autorizase este ano estas aperturas sen realizar unha consulta previa cos sindicatos, «a primeira vez na historia» que se toma unha decisión deste tipo «sen contar con todos os sindicatos». #ccoogalicia #dereitoslaborais #TempoParaVivir
🚨Novidades no convenio da alimentación da provincia da Coruña: na reunión de onte non houbo avances e mantemos a folga para o 15, 16 e 17 de agosto. ➕ A patronal di que a nosa última proposta, xa moi rebaixada, é inviable para as empresas. Despois de que o venres houbese pequenos avances, onte CERO. ✊A finde e o luns volveremos parar o sector. CONVENIO DIGNO XA!
🚨 Hoxe a Confederación de Empresarios de Galicia sae alarmada porque as folgas aumentaron un 41% en Galicia durante o ano pasado, cun 286% máis de participantes. A tendencia no conxunto do Estado é inversa. 🤔 Por que se dará esta misteriosa circunstancia? Terá que ver, por casualidade, coa teima das distintas patronais galegas en non subir os salarios acorde cos seus beneficios e coa inflación? Estará relacionado coa súa resistencia numantina a introducir melloras en materia de xornada e descanso? ✊ A resposta, para CCOO de Galicia, é obvia. A ninguén lle gusta perder días de salario para protestar. Se hai máis folgas con máis seguimento é porque as persoas traballadoras entenden que as empresas non están a ser xustas nas negociacións. Na súa man está mudar de actitude; e hai varios conflitos abertos onde poden demostralo.
без подписи
без подписи
✊A actividade sindical non para en agosto: arrincamos unha semana con varios fitos clave en sectores nos que traballan milleiros de persoas: 👩🍳No sector da hostalaría da Coruña, mañá hai reunión en mediación. Se non hai un cambio drástico nas posturas da patronal, haberá folga o mércores, o día da eclipse. 🛒No comercio da alimentación da provincia coruñesa, o venres houbo algúns avances, aínda insuficientes. A negociación continúa esta tarde, pero en tanto non haxa solución segue convocada a folga para o 15, 16 e 17 de agosto. 🏪 No comercio en xeral, a nivel galego, mantense a folga do próximo sábado, día 15, contra a apertura en domingos e festivos. Quentaremos motores cunha manifestación mañá polas rúas de Vigo.
📍Posicionamento de CCOO de Galicia sobre o preacordo anunciado por Xunta, patronal e UGT en materia de baixas: criticamos que o Diálogo Social partira dunha análise que culpabiliza a clase traballadora. 🔴 A solución ao incremento das baixas médicas debe nacer dun diálogo social serio e sen conclusións predeterminadas e debe contar cunha maioría da representación sindical, condición que non se dá no anuncio realizado hoxe. ➕ Comisións Obreiras salienta que, por moitas manobras mediáticas que se fagan, hai unha realidade social incontestable: as persoas que traballan en Galicia son honestas e produtivas, e os beneficios que as propias empresas galegas declaran son boa proba disto.
📺📻🗞 Ampla repercusión mediática do estudo de CCOO sobre as horas extra non pagadas. No vídeo, declaracións da secretaria xeral, Amelia Pérez, á TVG. 🔴 Ás persoas traballadoras estamos fartas de traballar gratis, está é unha realidade propia do século XIX, son 200 millóns de euros que as empresas aforran cada ano pola cara. Esiximos a aprobación inmediata da normativa para mellorar o rexistro horario.
✊🎶 O rock & roll da mobilización irrompe no NH Santiago! Persoas traballadoras da hostalaría da provincia da Coruña protestaron, na tardiña de onte, polo bloqueo da patronal na negociación do seu convenio durante un concerto no hotel compostelán. 🚨Mentres soben os prezos en bares, restaurantes e hoteis, os nosos salarios seguen conxelados, e inda por riba teiman en recortarnos o complemento das baixas. Podemos cantarllo en versión rock, cumbia ou chachachá: se non queren negociar un convenio digno, apagaremos o sector na folga do eclipse. 🎤 Desculpas a @thekillingfloors pola interrupción e grazas por cedernos o micro. O rock ou é rebelde ou non será!
💰Mentres uns falan de «absentismo» e de que a xente nova é «mema» por protexer a súa sáude mental, a realidade é esta: as persoas traballadoras, en Galicia, fixeron 128 000 horas á semana extra pola cara do empresario ou empresaria de turno. 🔴 Son máis de 25 000 as persoas que fan horas extra con regularidade e non reciben un peso. En salario e cotizacións, as empresas aforran en Galicia uns 194 millóns de euros ao ano. ➕En termos de emprego, ese volume de horas «regaladas» equivalería a uns 3400 postos de traballo a xornada completa que non se están a crear. 🚨Mentres a patronal e certos actores políticos —como a Xunta de Galicia— teiman en criminalizar a clase traballadora polo mal chamado absentismo, empresarios sen escrúpulos continúan a realizar a plena luz do día este tipo de prácticas doutro século. Basta xa. 🔗Comunicado completo, en https://www.ccoo.gal/noticia:765945
🫵Buscas o teu primeiro traballo? Non te deixes enganar porque non todo vale. 🫂 Axudámosche e orientámoste para que entres no mercado laboral da mellor maneira. Os teus dereitos importan e este é o teu lugar seguro. Entra en http://orientacion.ccoo.es e contámosche todo. Compárteo con quen estea buscando o seu primeiro traballo. ✊ Aquí e agora empeza o teu futuro!
🚨 Empresas da hostalaría da provincia da Coruña Coruña están ofrecendo subas salariais condicionadas a non participar na folga do 12 de agosto, unha manobra inaceptable que a patronal debería coutar. 🚫 Os sindicatos seguimos a agardar a oferta da parte empresarial. Prometeron enviala en xuño e xa estamos en agosto. Pola nosa parte, máxima disposición para sentar a negociar. 📢Mentres tanto, continúan os preparativos da folga do eclipse, con concentracións previstas en varios hoteis.
❌ Róubannos o noso tempo e o noso soldo: cada semana, no Estado español fanse 2,54 millóns de horas extra que non se pagan. ➕ É o equivalente a 68000 postos de traballo a xornada completa. 🤑 As empresas aforran 3.378 millóns de euros ao ano en salarios, cotizacións e impostos. Este espolio ten que rematar xa! Estudo completo: https://www.ccoo.es/dc838838f559574d5410f05584a2bf8600000...
🛎️ Asinado o Convenio de Centros Especiais de Emprego de Galicia! Logo dunha unha negociación na que CCOO, o sindicato con maior representatividade, defendeu unha plataforma reivindicativa completa, a fianis de pasada semana firmamos o novo texto, con avances sustanciais: ➕Suba salarial do 12 % en tres anos (4 % cada ano) ➕Ningún complemento será absorbible nin compensable ➕Pluses ao alza: coordinación (60→100 €), asistencia (60→70 €), domingos e festivos (40→60 € + día de descanso), nocturnidade (35 %) e novo plus de teletraballo (20 €) ➕Vacacións: de 32 a 33 días ➕Paga de vinculación: percíbese aos 18 anos (antes era aos 21) ➕10 días de permiso por falecemento dun familiar ➕Preaviso por cesamento reducido de 15 a 7 días ➕Novos dereitos LGTBIQA+: uso do nome sentido, respecto aos pronomes e acceso a vestiarios e baños conforme á identidade de xénero See less