tgindex
O Salto Galiza

O Salto Galiza

Статистика
@OSaltoGzНовости и СМИпортугальский

Canle de información

Последний пост
11 авг.
Последнее чтение
15 авг.
Постов за неделю
1
Всего постов
20
Тип
открытый
Язык
португальский
Категория
Новости и СМИ (по похожим)
В каталоге с
12 авг.
Подписчики
682
−1 за 2 дн.
Сутки
0
0,00%
Неделя
 
Месяц
 
Просмотров на пост
529
19 постов
Вовлечённость
77,6%
к подписчикам
Постов в день
0,1
всего 20
Упоминаний
1
каналов
Охват размещения
оценка
1/24сутки в ленте
162
1/48двое суток
185
1/72трое суток
200

Оценка по просмотрам недавних постов: пост набирает почти всё за первые сутки.

Посты

  • 🎺A Costa Ártabra recupera o chifro do capador galego que inspirou a Miles Davis a cen anos do seu nacemento Na súa décima edición, o Jazz de Ría lembra a histórica recollida que Alan Lomax levou a cabo nos anos cincuenta das melodías do nogueirao José María Rodríguez que acabaron por inspirar o ‘Sketches of Spain’. Por Javier H. Rodríguez. https://osalto.gal/jazz/costa-artabra-recupera-chifro-do-capador-galego-inspirou-miles-davis-no-seu-cen-aniversario

  • 💭Touradas en Pontevedra: uns apuntes para a reflexión Pontevedra vai caer. Como caeu A Coruña e o resto de municipios que albergaron tauromaquia. Non é só cuestión de tempo, é de presionar nas institucións e nas rúas durante todo o ano porque as touradas son unha rémora que a cidadanía galega extirpou na práctica totalidade do territorio. Por Rubén Pérez Sueiras https://osalto.gal/opinion/touradas-pontevedra-uns-apuntes-reflexion

  • ✍️Tribuna | Entre o pasado e o futuro do 24 de xullo Este 24X, o debate arredor do rumbo do movemento popular galego volve ao primeiro plano. Como réplica á recente intervención de José João R. Rodrigues nesta mesma casa, esta columna reflexiona sobre o papel do pasado na construción dos proxectos políticos do presente e sobre os retos que afronta o futuro da histórica data de loita. Por Jano Rego. Foto de Juancho Everman. https://osalto.gal/opinion/pasado-futuro-do-24-xullo

  • 💭César Caramês: “A Revolución galega de 1846 foi moito máis ca un pronunciamento militar” Interpretada habitualmente como un mero pronunciamento militar, para César Caramês a revolución de 1846 situou Galiza no centro das correntes políticas e ideolóxicas máis avanzadas da Europa do seu tempo. Por Nicolás Filgueiras e Raúl García Amoedo. https://osalto.gal/historia/cesar-carames-revolucion-galega-1846-foi-moito-mais-ca-un-pronunciamento-militar

  • 🎭As guerrilleiras galegas e o ‘Ictus’ de Chévere: a MIT de Ribadavia fai unha aposta insólita pola memoria na súa 42ª edición O maior evento de artes escénicas de toda Galiza amosa un compromiso excepcional coas loitas históricoas e a creación contemporánea. Janet Novás e Mercedes Peón tamén actuarán con ‘Mercedes e máis eu’ no Auditorio do Castelo. https://osalto.gal/teatro/as-guerrilleiras-galegas-ictus-chevere-mit-ribadavia-fai-unha-aposta-insolita-pola-memoria-na-sua-42-edicion

  • 💭María Reimóndez: “Seguimos instaladas na tranquilidade de pensar que non somos racistas porque fomos migrantes” En ‘A casa do amo’ (Pol·len Edicions, 2026), Reimóndez revisa criticamente a literatura galega para cuestionar os seus imaxinarios coloniais e abrir outras formas de pensar a alteridade. Por Nicolás Filgueiras e Raúl García Amoedo. Foto de Pablo Vázquez Varela. https://osalto.gal/literatura/maria-reimondez-seguimos-instaladas-na-tranquilidade-pensar-non-somos-racistas-fomos-migrantes

  • 🎨Viladomar: máis alá dos muros, a veciñanza Cada mes de xullo, o festival de muralismo Viladomar transforma as paredes de Rianxo, pero que pensa a veciñanza desta arte que medra ano a ano nas súas rúas? Por Elena Martín. https://osalto.gal/arte-urbano/viladomar-mais-ala-dos-muros-vecinanza

  • 💭Tribuna | Não éramos jovens: éramos independentistas A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) reivindicou o 24 de Julho como data de referência para a juventude rebelde negligenciando um facto fulcral: aquela juventude era independentista. O caso permite refletir sobre os conceitos de memória e história. Por Jose João R. Rodrigues. Foto de Galiza Contrainfo. https://osalto.gal/opinion/nao-eramos-jovens-eramos-independentistas

  • 🎻A Xunta manobra para recortar varios postos no Conservatorio Superior de Música de Vigo O alumnado denuncia que a modificación da RPT anunciada polo Goberno galego podería reducir máis dun 40% o horario de apertura do centro e inicia unha recollida de sinaturas en Change.org para frear a medida. https://osalto.gal/educacion/xunta-manobra-recortar-varios-postos-no-conservatorio-superior-musica-vigo

  • 💭Herdar um sistema, escolher uma comunidade As pessoas com as que nascesmos supõem um perigo para muites de nós. Não um perigo dramático, mas sim aquele perigo silencioso e doméstico que se instala quando medras numa casa onde os sentimentos se guardam na gaveta do fundo. Por Alva Lourenço Nunes Arte de Byron Maher e Sancho S. Somalo https://osalto.gal/opinion/herdar-um-sistema-escolher-uma-comunidade

  • O Salto Galiza pinned a photo

  • 🎁Axúdanos a chegar ás 12.000 socias, agora co 50% de desconto Este verán faite socia/o de O Salto co 50% de desconto* e axúdanos a chegar ás 12.000 persoas socias que necesita o medio para asegurar o seu futuro. https://osalto.gal/salto-de-carro/axudanos-chegar-as-12-000-socias-agora-co-50-desconto

  • 🔴ÚLTIMA HORA | A Xunta comunica a Altri o arquivo definitivo da súa celulosa A Consellería de Economía e Industria comunicoulle a Altri o arquivo “definitivo e firme” da macrocelulosa de Palas de Rei (Lugo) e aclara que a factoría é “inviable”. https://osalto.gal/altri/xunta-comunica-altri-arquivo-definitivo-da-sua-celulosa

  • 🔴Marta terá alternativa habitacional. O movemento pola vivenda da Coruña, baixo o paraugas do Sindicato de Inquilinas da cidade, asinou hoxe unha vitoria social significativa logo dun amplo apoio popular. Por Iago Prada.

  • 9 июл.2 99776

    🔴O movemento da vivenda consegue aprazar o desafiuzamento de Marta na Coruña O Concello comprométese, agora, a darlle unha alternativa habitacional. Por Iago Prada.

  • без подписи

  • 🔴A Coruña organízase para frear o desafiuzamento dunha nai con catro fillos no barrio de Monelos Marta Zurahieva explica que a Xunta comunicoulle que, de levarse a cabo o desaloxo sen que medie unha alternativa habitacional, procederá a retirarlle a custodia dos catro menores. O Concello da Coruña tampouco ofreceu alternativa ningunha. Por Javier H. Rodríguez https://osalto.gal/a-coruna/coruna-organizase-frear-desafiuzamento-dunha-muller-catro-fillos

  • 💭Abraçar um rio contaminado No passado 16 de junho, os municípios de Xinzo de Limia e Ponte de Lima trouxeram centenas de crianças a um evento para celebrar o Rio Limia. Militantes do movimento Auga limpa xa! interromperam o “abraço” para denunciar a contaminação do rio. Por Ricardo Esteves Ribeiro https://osalto.gal/cronica/abracar-um-rio-contaminado

  • 🔴A Real Academia Galega dedicará o Día das Letras Galegas de 2027 a Xosé Neira Vilas O escritor de Gres, autor de ‘Memorias dun neno labrego’ e exiliado en Arxentina e Cuba, impónse como favorito fronte á candidatura do lingüista Constantino García, falecido en 2008. https://osalto.gal/galego/real-academia-galega-dedicara-dia-das-letras-galegas-2027-xose-neira-vilas

  • 📖Dezanove razóns de peso para ler un libro colectivo contra a gordofobia A editora Catro Ventos vén de publicar ‘Razóns de peso’, un traballo polifónico coordinado por Leticia Citoula e Andrea Nunes que aspira a abrir espazo para os desbordamentos, os desexos e outras incomodidades gordas. Por Javier H. Rodríguez. https://osalto.gal/culturas/vinte-razons-peso-ler-un-libro-colectivo-peso-simbolico-cargan-os-corpos-gordos