- Последний пост
- 14 авг.
- Последнее чтение
- 14 авг.
- Постов за неделю
- 10
- Всего постов
- 22
- Тип
- открытый
- Язык
- испанский
- Категория
- Новости и СМИ (по похожим)
- В каталоге с
- 13 авг.
- 1/24сутки в ленте
- 162
- 1/48двое суток
- 185
- 1/72трое суток
- 200
Оценка по просмотрам недавних постов: пост набирает почти всё за первые сутки.
Посты
без подписи
O día 12 de agosto de 2026 quedará marcado na historia de Galicia. A eclipse foi física e astronomía, pero tamén un evento de xuntanza e marabilla colectiva, mesmo para os referentes galegos da ciencia. Así viviron o fenómeno o xenetista Ángel Carracedo, a astrofísica Begoña Vila, o experto en IA Senén Barro, a inmunóloga África González e o químico José Luis Mascareñas 👉 https://shorturl.at/wFI7f
🔴 EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, que comezaron a aparecer no ceo arredor das 19:00 horas. As persoas congregadas na praia de Orzán non puideron ver con claridade a coroa solar coa chegada do máximo. Noutros puntos da comunidade, como a vila coruñesa de Sigüeiro, o fenómeno púidose ver, xunto coas perlas de Baily e o anel de diamantes. Segue o directo na seguinte ligazón 👉🏼 https://shorturl.at/g3qTV
🔴 EN DIRECTO | Multitudes de vehículos desprázanse cara ao norte de Galicia para ver a totalidade: os usuarios notifican dende a rede social Ximportantes retencións na autovía A-54 que une Santiago e Arzúa. Segue o directo na seguinte ligazón 👉🏼 https://shorturl.at/szSVC
🔴 EN DIRECTO | A fase de parcialidade xa comeza na Coruña. Trátase do proceso no que a Lúa comeza a tapar o Sol ata chegar á totalidade, que ocorrerá ás 20:28 horas na cidade herculina. Segue o directo na seguinte ligazón 👉🏼https://shorturl.at/nRrJ7
🔴 EN DIRECTO | A Coruña amosa os letreiros de “completo” nos seus aparcamentos e recibe a máis de 11.000 pasaxeiros de cinco cruceiros que chegan a Galicia para obter unha vista privilexiada da eclipse total de Sol | FACUA alerta da retirada de seis marcas de lentes de eclipse: hoxe avisaron pola protección distribuída por Multiópticas | A NASA comeza a súa retransmisión en vivo da eclipse total de Sol do 12 de agosto, que poderá seguirse dende YouTube, Netflix, X (antes Twitter), Amazon Prime e NASA +. Segue o directo na seguinte ligazón 👉🏼https://shorturl.at/x5OXH
Hoxe, o ceo galego será o escenario dun espectáculo de luces e sombras que promete atraer visitantes de todas partes. E para quen non sexa posible contemplar a totalidade en vivo, hai alternativas para non perder a eclipse: a NASA, o Observatorio Astronómico de Yebes, o Instituto de Astrofísica de Canarias e a Axencia Espacial Europea retransmitirán o evento a través da plataforma YouTube 👉 https://shorturl.at/cnuG4
Queres ver a eclipse en Galicia pero aínda non sabes desde onde? Vimos salvarche dende primeira hora. Aquí tes unha lista coas mellores aplicacións para elixir en que lugar observar o fenómeno astronómico do ano 👉🏼 https://shorturl.at/hyuYD
Por fin, chega a eclipse total de Sol do 12 de agosto! Hoxe será un día histórico xa que, máis dun século despois —dende 1912—, a península volve ser testemuña dun fenómeno astronómico de tal magnitude, con Galicia como protagonista da totalidade. Para comezar, aquí tes a guía definitiva con toda a información que debes saber para hoxe 👉🏼https://shorturl.at/KLXJV
Mañá terá lugar unha eclipse total no territorio galego e agárdase uha importante afluencia de persoas movidas polo evento. Por iso, os medios de transporte reforzarán os seus servizos. Os tramos do Eixo Atlántico, Lugo e A Mariña terán autobuses de reforzo, mentres Renfe ampliará a capacidade dos trens entre Vigo-Urzaiz e A Coruña 👉 https://shorturl.at/2heMI
Xa podes ler o novo Ciencia en Confianza, a newsletter de GCiencia. Esta semana, sobre a incógnita da nubosidade para o día da eclipse total en Galicia 👉🏼 https://shorturl.at/Cubk2
A tan só dous días do evento astronómico do ano, as administracións públicas e organizacións científicas teñen xa programadas distintas actividades para acompañar a eclipse. A Coruña reunirá a maior parte das opcións divulgativas e de entretemento, con múltiples concertos programados en diferentes puntos da provincia e exposicións educativas nos centros científicos da capital coruñesa 👉 https://shorturl.at/aPhsN
Os modelos afinan cada vez máis os seus prognósticos para o día da eclipse total: mentres que no interior de Galicia os ceos estarán potencialmente despexados, no litoral norte aínda existe incerteza. A nubosidade será o factor clave que determinará a visibilidade do fenómeno. A seis días do evento astronómico do ano, Meteogalicia advirte dunha tendencia cara a unha situación intermedia entre as altas e baixas presións con réxime de ventos do nor-noroeste 👉🏼https://shorturl.at/wQQxK
A ferramenta interactiva Umbra clasifica sobre unha puntuación total de 100 máis de 40.000 miradoiros para observar a eclipse total dende cada provincia (e as súas inmediacións) na que se prevé unha ocultación completa do Sol. No caso de Galicia, ofrece unha lisaxe dos enclaves máis adecuados de Lugo, A Coruña e Ourense. Nos tres territorios hai espazos que reciben unha valoración de máis de 90 puntos, coas mellores marcas en Lugo e as súas proximidades 👉 https://shorturl.at/HkC53
A unha semana de presenciar un evento único, a docente da USC Begoña Nicolás e o presidente da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, Enrique Alonso, aclaran algunhas das dúbidas sobre a eclipse: unha cobertura do Sol do 99% non ofrece a mesma experiencia que unha do 100%, haberá cambios na temperatura e no comportamento humano e animal, deben evitarse os desprazamentos en coche e, ante todo, hai que usar lentes homologadas 👉 https://shorturl.at/kp2S5
A eclipse do 12 de agosto volverase o escenario de diversas probas e investigacións sobre a influencia do evento astronómico en distintos campos. A esta fin, o documentalista Angel García-Rojo pon en marcha o Proxecto TriEclipse, unha iniciativa pioneira de ciencia cidadá que busca rexistrar a grande escala as reaccións dos animais domésticos e salvaxes durante as tres eclipses solares que se sucederán no territorio nacional entre este mes e xaneiro de 2028 👉 https://shorturl.at/96LXY
Xa podes ler o novo Ciencia en Confianza, a newsletter de GCiencia. Esta semana, sobre a xestión dos incendios👉🏼 https://shorturl.at/zHTS0
Un ano despois da sentenza histórica sobre a inacción da Xunta ante a contaminación do encoro das Conchas, o Goberno galego decide abrir a consulta pública do decreto sobre nitratos de orixe agraria. Asegura que non hai atrasos e busca elaborar unha norma con máis seguridade xurídica. Con todo, Serafín González, que participou no proceso xudicial, denuncia que a sentenza segue sen executarse e que na Limia apenas cambiou nada. Coñece máis 👉🏼https://shorturl.at/VUKvu
A menos de dúas semanas para poder observar a eclipse total de Sol dende Galicia, xa se vislumbran as primeiras previsións meteorolóxicas para o 12 de agosto. A plataforma Windguru, cunha opción de prognóstico a 15 días vista, apunta a ceos maioritariamente despexados. Con todo, a nubosidade segue a ser unha incógnita, cunha fiabilidade aínda limitada 👉🏼https://shorturl.at/n1YYc
Ata o momento, pensábase que convivían dúas subespecies de coello de monte na Península. Agora, unha nova investigación conclúe que son dúas especies completamente diferentes: o coello ibérico e o coello europeo. En estados de conservación completamente diferentes, este achado fai especialmente relevante un cambio nas políticas de conservación 👉🏼 https://shorturl.at/SXSze