Praza.gal
СтатистикаO máis destacado da información de Praza.gal, ao vivo
- Последний пост
- 14 авг.
- Последнее чтение
- 15 авг.
- Постов за неделю
- 30
- Всего постов
- 30
- Тип
- открытый
- Язык
- португальский
- Категория
- Новости и СМИ (по похожим)
- В каталоге с
- 13 авг.
- 1/24сутки в ленте
- 235
- 1/48двое суток
- 269
- 1/72трое суток
- 290
Оценка по просмотрам недавних постов: пост набирает почти всё за первые сутки.
Посты
🎉 Chegamos á fin de semana 📰 Cunha nova entrevista da serie que estamos a publicar este agosto sobre revistas en papel editadas en Galicia. Hoxe, 'Industrias Pesqueras' 🔗 https://praza.gal/cultura/industrias-pesqueras-sempre-tivo-unha-base-galeguista-de-aposta-pola-emancipacion-economica 🌘🌑🌒 E cunha ducia de imaxes da eclipse (e arredores) 🔗 https://praza.gal/ducias/imaxes-da-eclipse-e-arredores
🌞🌱A seca afoga o agro: perdas de 164 millóns de euros na produción de forraxes 🐮Unións Agrarias solicita á Consellería de Medio Rural unha reunión para "comezar a deseñar unha folla de ruta de actuación" ante o grave impacto das altas temperaturas e a falta de chuvias 🔗 https://praza.gal/economia/a-seca-afoga-o-agro-perdas-de-164-millons-de-euros-na-producion-de-forraxes
🚲 Rueda inaugura a "estrada para bicis" de Santiago cun laio polo seu trazado, condicionado por Patrimonio da Xunta 👉🏻 Na inauguración do polémico carril bici entre O Milladoiro e San Caetano o presidente obvia que a Consellería de Cultura emitiu un informe contra o paso polo bosque de Conxo e atribúe o cambio a "algunhas forzas políticas" 🔗 https://praza.gal/politica/rueda-inaugura-a-estrada-para-bicis-de-santiago-cun-laio-polo-seu-trazado-condicionado-por-patrimonio-da-xunta
🎭🎊 Titiriberia celebra os corenta anos da histórica compañía galega de títeres Tanxarina Titiriberia: Festival de títeres tradicionais acolle unha trintena de actividades escénicas, cuxas funcións se repartirán por diferentes puntos da xeografía rianxeira, e unha exposición no Auditorio Municipal de Rianxo que repasa os corenta anos de Tanxarina 🔗 https://praza.gal/cultura/titiriberia-celebra-os-corenta-anos-da-historica-compania-galega-de-titeres-tanxarina
📃 O Pazo de Meirás xa é Lugar de Memoria Democrática. O BOE publica a resolución definitiva que así o declara. 🔗 https://praza.gal/falase?de=6813a696-4608-40da-9a18-7326d85013e4
🔊 A que soan as eclipses? Mateo Mena achéganos aos sons da 'radio natural' Mateo Mena reivindica a escoita como forma válida para o coñecemento científico. Leva varios anos centrado nos universos sonoros do que sucede a milleiros de quilómetros de nós, nesa 'radio natural' que emite desde hai séculos nun espectro inaudible para o ser humano pero que se pode transformar en ondas acústicas para que poidamos apreciar o que sucede no Universo lonxe do noso control. 🔗 https://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/a-que-soan-as-eclipses-mateo-mena-acheganos-aos-sons-da-radio-natural
🚌 Folga, concurso deserto e sancións: a Xunta atasca en 7 concesións de bus fracasadas Das oito concesións rescindidas nos últimos dous anos por inviables, o Goberno galego só foi quen de renovar unha mentres as outras sete seguen á espera de novas adxudicacións, con Monbus como única candidata no Barbanza malia incumprimentos previos 🔗 https://praza.gal/politica/folga-concurso-deserto-e-sancions-a-xunta-atasca-en-7-concesions-de-bus-fracasadas
📣 O comercio loita contra a precariedade e o traballo en festivos con dobre folga en Galicia 🪧 O persoal dos supermercados da provincia da Coruña está chamado ao paro os días 15, 16 e 17 pola mellora das condicións no conflito pola negociación do convenio colectivo, e o comercio en toda Galicia este sábado, tamén contra o permiso para abrir en días non laborables. 🔗 https://praza.gal/economia/o-comercio-loita-contra-a-precariedade-e-o-traballo-en-festivos-con-dobre-folga-en-galicia
🌤 CRÓNICA | A eclipse das nosas vidas nunha cidade desbordada: entre as nubes e a ilusión A nebulosidade de última hora impediu unha experiencia completa na Coruña, cidade sinalada como unha das máis idóneas para observar un fenómeno irrepetible. O anoitecer máxico e efémero paliou un chisco a decepción para as máis de 225.000 persoas que ateigaron praias e rúas. 🔗 https://praza.gal/acontece/a-eclipse-das-nosas-vidas-nunha-cidade-desbordada-entre-as-nubes-e-a-ilusion
💶 Xa son 3,2 millóns de euros os perdidos pola Consellería do Mar nun preito pola súa lentitude en revisar subvencións A Xunta tardou cinco anos en reclamar a Angulas Aguinaga que devolvese axudas que consideraba que non lle correspondían por non ser pequena ou mediana empresa, pero o TSXG di que foi demasiado tempo e que o requisito era previo 🔗 https://praza.gal/economia/xa-son-32-millons-de-euros-os-perdidos-pola-conselleria-do-mar-nun-preito-pola-sua-lentitude-en-revisar-subvencions
⚖️ A Seguridade Social denegou o Ingreso Mínimo a unha divorciada ao computarlle o que gañaba o seu ex O TSXG condena o Estado por atribuír á solicitante da prestación a totalidade e non só a metade da declaración da renda conxunta do último ano que estivera casada 🔗 https://praza.gal/acontece/a-seguridade-social-denegou-o-ingreso-minimo-a-unha-divorciada-ao-computarlle-o-que-ganaba-o-seu-ex
🌒E o día fíxose noite nun minuto: así foi a eclipse total en Galicia ☾☀️︎O país gozou dun fenómeno astronómico único e inesquecible que atraeu numerosos visitantes a moitas localidades aínda que foron varias as zonas onde as nubes non permitiron gozar de toda a experiencia prevista 🔗 https://praza.gal/acontece/e-o-dia-fixose-noite-nun-minuto-asi-foi-a-eclipse-total-en-galicia
🚔 26 detidos, incluído un garda civil, por 1,6 toneladas de coca tras investigarse o submarino de Muxía de hai un ano Policía Nacional, Garda Civil e Aduanas detectou que a mesma organización traballaba nun novo cargamento nunha embarcación de alta velocidade 🔗 https://praza.gal/acontece/26-detidos-incluido-un-garda-civil-por-16-toneladas-de-coca-tras-investigarse-o-submarino-de-muxia-de-hai-un-ano
⚠️🚘 Retencións de tráfico e ringleiras de coches nas peaxes da AP-9 en dirección á Coruña e Ferrol pola eclipse 🔗 https://praza.gal/falase?de=c6b52175-9d53-4df9-8dd2-adcc3c3a95a9
💶 O bar franquista de Arteixo exponse a unha multa de 9.000 euros tras a inspección da Xunta 🔍 Turismo de Galicia abre un expediente sancionador por unha posible infracción grave tras visitar o local. A entidade denunciante pide agora a intervención do Goberno de España a través da Secretaría de Estado de Memoria Democrática. 🔗 https://praza.gal/politica/o-bar-franquista-de-arteixo-exponse-a-unha-multa-de-9000-euros-tras-a-inspeccion-da-xunta
🌒 MAPAS | Nubes no norte e alertas por calor e risco de incendio no sueste: a previsión para a eclipse 🌤 MeteoGalicia e AEMET coinciden en prognosticar nubes no litoral norte a última hora desta tarde, tras unha xornada de calor 🔗 https://praza.gal/acontece/nubes-no-norte-e-alertas-por-calor-e-risco-de-incendio-no-sueste-a-prevision-para-a-eclipse
📺 A UE dá a benvida a investimentos estranxeiros como o de SAIC e confía nos estados para garantir a seguridade 🇪🇺 A ministra de Defensa traslada a Rueda que o seu departamento permitirá a instalación da fábrica en Ferrol 🔗 https://praza.gal/economia/a-ue-da-a-benvida-a-investimentos-estranxeiros-como-o-de-saic-e-confia-nos-estados-para-garantir-a-seguridade
🌒 A eclipse das nosas vidas: guía e consellos para gozar dun fenómeno irrepetible 🕶 Chegou o día. Este serán Galicia converterase nun escenario privilexiado para asistir a unha eclipse solar total, un espectáculo que non se producía no noso territorio dende o ano 1912 e que non se repetirá ata o 2180 🔗 https://praza.gal/ciencia-e-tecnoloxia/a-eclipse-das-nosas-vidas-guia-e-consellos-para-gozar-dun-fenomeno-irrepetible
🔵⚪️⚽️Xoel López e o Deportivo presentan 'Voa', o novo himno do club O seu vídeoclip pode verse aquí 👇 https://praza.gal/falase?de=ed877688-201c-454c-959f-0a87f3184421
🎉🗣️🎵 Castelo Conta: o festival no que artistas e público fan comunidade Máis de sesenta propostas entre música en directo, gastronomía, artes escénicas, e sempre co humor moi presente. 'Outra volta á festa' é o lema desta décimo primeira edición, a reivindicación dun modelo de celebración que pon no centro a capacidade da festa popular para crear comunidade 🔗 https://praza.gal/cultura/castelo-conta-o-festival-no-que-artistas-e-publico-fan-comunidade